mércores, 9 de marzo de 2016

REFUGALLO

Para despertar nos nenos/as unha actitude positiva cara a reutilización e reciclaxe de materiais, propúxose unha actividade titulada "DALLE UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE A UN OBXECTO DE REFUGALLO". Algúns obxectos da vida cotiá que normalmente tiramos ao lixo, pasaron a unha segunda vida, e mirade que cousas tan bonitas surxiron. Noraboa a todos os participantes de 3º e 4º de Primaria, menuda imaxinación!!!!


martes, 8 de marzo de 2016

SAN VALENTÍN!!!

Co motivo da celebración do Día de San Valentín, propuxemos ao noso alumnado de 5º e 6º de Primaria un concurso de Cartas Románticas con destinatarios anónimos. Tivo moi boa aceptación, e aínda que non todos puideron gañar, dámoslles as grazas por participar!!!

HORA DE LER

Os mércores, os nenos e nenas de Primaria veñen a lernos un conto a Infantil. ¡¡¡Mirade que atentos estamos!!!