luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca (24 de outubro) os nenos e nenas do noso colexio fixemos unha pequena homenaxe ao escritor galego Agustín Fernández Paz. Realizamos unha serie de actividades para conmemorar este día.
Cada aula do centro desde os máis cativos ata os de 6º acudimos á biblioteca para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra deste autor.
Algúns alumnos leron lecturas dos libros do autor e todos escribiron anacos cortiños dos seus libros en follas que decoran a nosa árbore outonal adicada a Agustín.



24 de outubro - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Así nos quedaron as árbores coas verbas e debuxos feitos polos alumnos:


Temos que agradecer aos nenos de 6º, Iker, Sheila e Stefan a súa colaboración para contar o conto de Upa! do autor aos nenos de infantil e 1º ao tempo que fixeron a presentación. Tamén aos colaboradores das clases, dous ou tres de cada clase que presentaron e leron os textos de Agustín Fernández Paz.  








martes, 18 de outubro de 2016

INICIO DO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2016-2017

Un curso máis iniciamos a andadura para o fomento do emprego da biblioteca escolar e do hábito da lectura. A biblioteca do centro segue a funcionar coa abertura durante os intres de recreo colaborando mestres e alumnos de 6º e 5º nas gardas. Tamén as diferentes titorías dispoñen dun horario para facer uso da biblioteca atendendo as necesidades propias de cada unha delas.


 ANIMÁMOSVOS A COLABORAR!!!!

A BIBLIOTECA PERTENCE A TÓDALA COMUNIDADE ESCOLAR!!!!!



O NOSO COMECONTOS PONSE LEDO CANDO OS NENOS ADÍCANSE A LER E A FACER TRABALLOS NA BIBLIOTECA!!!!

O VINDEIRO 24 DE OUTUBRO CELEBRAREMOS O DÍA DA BIBLIOTECA.

NESTE CASO ESCOLLEMOS FACER UN PEQUENO HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ POR SER UN ESCRITOR DA LITERATURA GALEGA QUE NOS DEIXOU FAI POUCO TEMPO E QUE NA SÚA OBRA CONTA CON MOITOS LIBROS  DA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL.