xoves, 16 de febreiro de 2017

EN CONCERTO CON "PACOLAS"

De sorpresa, no día de hoxe visitounos Paco e deleitounos cunha sesión de boas e divertidas cancións nas que todos participamos. Pasámolo xenial!!! Prometeunos que iba a volver.
Vede como cantamos!

venres, 10 de febreiro de 2017

Traballo Entroido

Celebrando o Entroido aprendemos a facer un artigo sobre os entroidos de interese turístico que temos en Galicia.
Así nos quedou: 









CON XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR!!!

A biblioteca de Melide, que leva o mesmo nome que el, convidounos esta mañán a achegarnos ao escritor, á persoa que leva no seu corazón e nas verbas á terra onde naceu, a Xose Vázquez Pintor. Poeta no seu último libro "Bicos".
Conxuntamente cos dous outros colexios, os alumnos de 5º e 6º fixeron unha pequena homenaxe recitando poemas do libro, interpretándoos e ata ilustrándoos.

O que traballaron os nenos e nenas de 6º ilustrando e recitando!!! Mirade. Tamén os de 5º recitaron todos xuntos sorprendéndonos. Un aplauso para eles!!!

mércores, 8 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

Celebramos este día tan especial escribindo mensaxes en estelas da paz e izándoas coas mans ao ceo coa esperanza de que eses mensaxes estean na nosa vida cotidián. Cantamos dúas cancións. Cunha delas, adaptada polo mestre de música, alzamos as nosas voces contra os "muros" e coa outra recordamos os versos de John Lennon en "Imagine".
Os alumnos de 6º tamén elaboraron artigos de opinión relacionados coas guerras e os xogos bélicos.