xoves, 16 de marzo de 2017

LENDO A ROSALÍA

O día 24 de febreiro fixo 180 anos do nacemento da nosa poetisa Rosalía de Castro. Como xa ven sendo habitual celébrase ese día lendo poemas da autora.
Nós, este curso, tamén o festexamos lendo algúns poemas dela: "Airiños airiños aires", "Castellanos de Castilla" e "Pra Habana" conxuntamente co poema de Uxía "A nena Rosalía" adicado á escritora.
Escollemos os poemas adicados á emigración porque decidimos que foran os nenos que nos viñeron doutros paises os que leran a Rosalía. Unha Rosalía internacional coma eles.
Os pequenos acudiron á radio local para recitalos. Parabéns aos nenos que deron as voces aos fermosos versos da poetisa.

xoves, 2 de marzo de 2017

ENTROIDO DE TURISMO SOSTIBLE

O TURISMO SOSTIBLE FOI O TEMA GUIADOR DO ENTROIDO DESTE CURSO.
Tódolos nenos e nenas acompañados dos mestres disfrazáronse, realizaron un pasarúas polo concello, merendaron os doces típicos do entroido elaborados nas casas e disfrutaron dunha gran festa.