martes, 31 de outubro de 2017

TEATRO E MÚSICA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A biblioteca municipal, celebrou,  no Día das Bibliotecas, os seus 40 anos de existencia.
 Anxeles, a bibliotecaria, convidounos a poder participar representando a obra de teatro Contos.
Añadiuselle música e os actores de  5ºA ben mereceron os aplausos que lle demos os espetadores presentes. Parabéns tamén as mestras polo traballo realizado.



24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Un ano máis celebramos este día especial para a nosa biblioteca e este curso escollemos a fantasía como tema guía do noso traballo.
Aproveitando a película Mi vecino Totoro de Hayao Miyazaki como presentación dos seres fantásticos o alumnado realizou presentacións para tódolos niveis falando dos trasnos, das lendas da zona de Melide e de outros seres mitolóxicos doutros paises ou lugares como Romanía e os paises árabes.
Lemos a lenda do trasno de Abadín (Lugo) e a lenda da Fonte Santa de Piñor (Melide). Falamos dos Djinns e de Balaur.
Debuxamos os "nosos Totoros" ou demos cor a outros seres mitolóxicos.