luns, 23 de abril de 2018

SEMANA DO LIBRO

Durante esta semana estamos a celebrar o Día do Libro, 23 de abril.
O luns, propio día da celebración, realizamos a actividade de intercambio de libros entre os escolares pero coa novidade de que este curso, en lugar de cambio, empréstanse, favorecendo que deixen os seus mellores libros aos compañeiros/as.
Tódolos cursos de primaria participan na actividade.






O alumnado de infantil tivo unha gran sorpresa. A mascota da biblioteca escolar, "Comecontos" chegou a cada clase de infantil , das mans das colaboradoras de 6º, cargada de libros.


Os nenos/as de 6º de infantil preparan o seu mural de fotos e libros realizados.

Os/as de 5º e 4º de infantil lembraron os muiños de vento de Cervantes. Preciosos!.

Por outra banda, o alumnado de primaria reflexiona e reflicte as súas opinións a pregunta "Para que é un libro?"