martes, 25 de xuño de 2019

Recomendacións de lecturas para o verán


Adrián e Valeria recoméndanvos Maruxa de Eva Mejuto (Ed. OQO) para nenos e nenas maiores de 3 anos.





Diego e Daniela recomendan ¿Quién es?¡Cuidado! de Patricia Hegarty  (Ed. Combel) e Os Bolechas de Pepe Carreira (Ed. Bolanda) para nenos e nenas maiores de 4 anos.


Sabela e María recoméndannos o libro de poesía A lo Bestia de Mar Benegas (Ed. Litera) para maiores de 6 anos.


Pablo recomenda Muriel de María Canosa (Ed. Xerais) para maiores de 9 anos.


Ainoa recomenda Chamizo de Fina Casalderry (Ed. Xerais) para maiores de 8 anos.

Adrián recomenda esta colección de mangas titulada One Piece de Eiichiro Oda (Ed. Planeta) para maiores de 11 anos.

África e Denis recomendan A señorita Bubble de Ledicia Costas (Ed. Xerais) para maiores de 10 anos.

Verónica e Juan recoméndannos Manolito Gafotas de Elvira Lindo (Ed. Seix Barral) para maiores de 11 anos.




FIN DE CURSO 2018/19

O CEIP Melide Nº1 celebrou o venres 21 de xuño o festival de fin de curso.
Foi un día moi emotivo polos agradecementos e recoñecementos á labor de todo un curso.


A Biblioteca Comecontos e a Consellería agasallou ao alumnado voluntario con camisetas, diplomas e cadernos.
Desexamos que sigan participando activamente nesta labor aquí nesta biblioteca ou na biblioteca do Instituto para onde se van os alumnos e alumnas de 6º. Desexámoslles moita sorte na andaina da secundaria así como ós mestres e mestras que se van a outros colexios onde seguro seguirán traballando a prol das bibliotecas escolares.
Comecontos está moi agradecido.












Agradecer tamén á Escola de Música de Agolada e especialmente a Cristina pola súa organización para amenizar deste xeito o fin de curso 2018/19.


E ao alumnado de 5º EI, 5º EP e 6ºEP por preparar e deleitarnos coas súas actuacións.


Feliz verán a tod@s!!

luns, 24 de xuño de 2019

Publicación dos xornais de 6º A

Ao longo de todo o curso, o alumnado de 6º de Educación Primaria A entrevistou a diferentes personaxes; fixo investigacións sobre os burros, os móviles, o acoso escolar e outras temáticas; así como a lectura de libros e visionado de películas coas correspondentes profundas reflexións;e un longo etcétera que finalmente deron forma a tres xornais diferentes.

 Están recén saídos da imprenta.




Non volos perdades na Biblioteca Comecontos.