luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca (24 de outubro) os nenos e nenas do noso colexio fixemos unha pequena homenaxe ao escritor galego Agustín Fernández Paz. Realizamos unha serie de actividades para conmemorar este día.
Cada aula do centro desde os máis cativos ata os de 6º acudimos á biblioteca para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra deste autor.
Algúns alumnos leron lecturas dos libros do autor e todos escribiron anacos cortiños dos seus libros en follas que decoran a nosa árbore outonal adicada a Agustín.



24 de outubro - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Así nos quedaron as árbores coas verbas e debuxos feitos polos alumnos:


Temos que agradecer aos nenos de 6º, Iker, Sheila e Stefan a súa colaboración para contar o conto de Upa! do autor aos nenos de infantil e 1º ao tempo que fixeron a presentación. Tamén aos colaboradores das clases, dous ou tres de cada clase que presentaron e leron os textos de Agustín Fernández Paz.  








Ningún comentario:

Publicar un comentario