Hoxe algúns alumnos e alumnas de Infantil acudiron a Radio Melide, cerrando así a colaboración anual do CEIP Melide Nº1 con este medio local, ó que foron ó longo do curso, todos as clases das dúas etapas.
Os mais pequenos do colexio contaron en directo o conto "O casamento da pulga" de Antonio Fraguas e outros textos tradicionais como refráns, adiviñas, etc.
Foi un pracer participar neste medio. Moitas gracias a Radio Melide por darnos esta oportunidade.
martes, 28 de maio de 2019
sábado, 25 de maio de 2019
Teatro no CEIP Melide Nº1
Os rapaces e rapazas maiores das etapas de Educación Infantil e de Primaria prepararon tres obras teatrais que estrenaron ó longo desta semana no salón de actos do colexio.
O alumnado de 6º de Infantil escenificou a obra "O casamento da pulga", recollida no Cancioneiro de Cotobade do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.
"Os nenos e as nenas de hoxe en día están perdendo a lingua. Qué se pode facer para non perdela? Non parar de falar e outras instruccións varias"
Moitas grazas a todas as actrices e actores, así como ás titoras-directoras das obras teatrais.
O alumnado de 6º de Infantil escenificou a obra "O casamento da pulga", recollida no Cancioneiro de Cotobade do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.
Os alumnos e alumnas de 6º A (Primaria) interpretaron unha comedia reivindicativa en torno a tres temas:
"Os contos dos nenos e nenas teñen moito que mellorar"
"O absurdo da sociedade da información e da comunicación na que vivimos"
"Os nenos e as nenas de hoxe en día están perdendo a lingua. Qué se pode facer para non perdela? Non parar de falar e outras instruccións varias"
E o alumnado de 6º de Primaria B deleitáronnos con adiviñas, refráns, ditos e contos da nosa terra e da nosa cultura recollidos no libro "Terra de Melide" no que colaborou Antonio Fraguas na súa elaboración. Estivo amenizada con música tradicional en directo a cargo de Félix, un alumno gaiteiro.Moitas grazas a todas as actrices e actores, así como ás titoras-directoras das obras teatrais.
Antón Laia visita o CEIP Melide Nº1
Antón Laia (Melide, 1956) é, como el mesmo se define e como o presentaron algúns alumnos de 6º EP,"sonhador e poeta ocasional, buscador de palabras em mundos e amante das vivencias do presente e das lembranzas. Gosta de papar o tempo observando e de seguer sendo aquel neno, por isso todos os días joga co seu aro de ferro naquela rua na que aínda ensonha o futuro. Foi trabalhador do Ensino Primario"
Participaron desta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Algúns deles tiveron o gusto de recitar poemas do autor como Mulheres, Soños ou Aros.
O autor falou destes e recitou outros como Anhelo, Zulma Gálvez Morazán ou Escola.
Recordou a súa nenez, os xogos populares e tamén reivindicou o papel da muller.
Seguidamente o autor propúxolle ó alumnado un taller de poesía. En primeiro lugar debían completar a oración "A poesía é..."; e en segundo lugar "Como se no mar as ondas fosen..."
Sairon cousas tan fermosas coma as que se escriben a continuación:
"A poesía é o son do corazón"
"A poesía é una aventura literaria"
"A poesía é o canto do pensamento"
"A poesía é unha pintura con letras"
"Como se no mar as ondas fosen latexos dos corazóns"
"Cómo se no mar as ondas fosen a tristeza e a alegría que cada un sente"
A maioría, por grupos, quixo compartir as súas creacións cos compañeiros e compañeiras.
venres, 17 de maio de 2019
ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP MELIDE Nº1
Os alumnos e alumnas estan a disfrutar de actividades para celebrar as Letras Galegas ó longo de todo o mes de maio.
Do 8 ó 10 de maio foron proxectadas películas en galego, como xa viñan facendo en anos anteriores. Aquí tedes o cartel do cine.
Os máis pequenos, ademáis de plantar herbas aromáticas no seu horto escolar do patio de Infantil, sementaron palabras en galego. Aínda quedan algunhas por plantar!!
E o Concello de Melide, desde a Concellería de Cultura, convidounos a desfrutar de actividades musicais e culturais organizadas con motivo das Letras Galegas.
O alumnado de Infantil asistiu ó concerto do grupo musical Os Trotaventos:
E os cursos de 1º a 6º de Primaria do espectáculo de Odaiko:
Na vindeira semana teremos a visita dun poeta. Xa vos contaremos!
Do 8 ó 10 de maio foron proxectadas películas en galego, como xa viñan facendo en anos anteriores. Aquí tedes o cartel do cine.
Pero a entrada non era de balde asique tiveron que elaborar cadansúa etiqueta cunha palabra en galego para poder asistir ó evento. Despois foron expostas na porta principal do colexio.
E o Concello de Melide, desde a Concellería de Cultura, convidounos a desfrutar de actividades musicais e culturais organizadas con motivo das Letras Galegas.
O alumnado de Infantil asistiu ó concerto do grupo musical Os Trotaventos:
E os cursos de 1º a 6º de Primaria do espectáculo de Odaiko:
Na vindeira semana teremos a visita dun poeta. Xa vos contaremos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)