sábado, 25 de maio de 2019

Antón Laia visita o CEIP Melide Nº1

Antón Laia (Melide, 1956) é,  como el mesmo se define e como o presentaron algúns alumnos de 6º EP,"sonhador e poeta ocasional, buscador de palabras em mundos e amante das vivencias do presente e das lembranzas. Gosta de papar o tempo observando e de seguer sendo aquel neno, por isso todos os días joga co seu aro de ferro naquela rua na que aínda ensonha o futuro. Foi trabalhador do Ensino Primario"

Participaron desta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Algúns deles tiveron o gusto de recitar poemas do autor como Mulheres, Soños ou Aros.

O autor falou destes e recitou outros como Anhelo, Zulma Gálvez Morazán ou Escola.
Recordou a súa nenez, os xogos populares e tamén reivindicou o papel da muller.





Seguidamente o autor propúxolle ó alumnado un taller de poesía. En primeiro lugar debían completar a oración "A poesía é..."; e en segundo lugar "Como se no mar as ondas fosen..."
Sairon cousas tan fermosas coma as que se escriben a continuación:
"A poesía é o son do corazón"

"A poesía é una aventura literaria"

"A poesía é o canto do pensamento"

"A poesía é unha pintura con letras"


"Como se no mar as ondas fosen latexos dos corazóns"

"Cómo se no mar as ondas fosen a tristeza e a alegría que cada un sente"




A maioría, por grupos, quixo compartir as súas creacións cos compañeiros e compañeiras.



Ningún comentario:

Publicar un comentario