sábado, 25 de maio de 2019

Teatro no CEIP Melide Nº1

Os rapaces e rapazas maiores das etapas de Educación Infantil e de Primaria prepararon tres obras teatrais que estrenaron ó longo desta semana no salón de actos do colexio.


O alumnado de 6º de Infantil escenificou a obra "O casamento da pulga",  recollida no Cancioneiro de Cotobade do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.



Os alumnos e alumnas  de 6º A (Primaria) interpretaron unha comedia reivindicativa en torno a tres temas:
"Os contos dos nenos e nenas teñen moito que mellorar"


"O absurdo da sociedade da información e da comunicación na que vivimos"


"Os nenos e as nenas de hoxe en día están perdendo a lingua. Qué se pode facer para non perdela? Non parar de falar e outras instruccións varias"





E o alumnado de 6º de Primaria B  deleitáronnos con adiviñas, refráns, ditos e contos da nosa terra e da nosa cultura recollidos no libro "Terra de Melide" no que colaborou Antonio Fraguas na súa elaboración. Estivo amenizada con música tradicional en directo a cargo de Félix, un alumno gaiteiro.


Moitas grazas a todas as actrices e actores, así como ás titoras-directoras das obras teatrais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario