venres, 10 de febreiro de 2017

CON XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR!!!

A biblioteca de Melide, que leva o mesmo nome que el, convidounos esta mañán a achegarnos ao escritor, á persoa que leva no seu corazón e nas verbas á terra onde naceu, a Xose Vázquez Pintor. Poeta no seu último libro "Bicos".
Conxuntamente cos dous outros colexios, os alumnos de 5º e 6º fixeron unha pequena homenaxe recitando poemas do libro, interpretándoos e ata ilustrándoos.

O que traballaron os nenos e nenas de 6º ilustrando e recitando!!! Mirade. Tamén os de 5º recitaron todos xuntos sorprendéndonos. Un aplauso para eles!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario