O luns 24 de abril celebramos o Día do Libro. Realizamos a actividade "TROCO DE LIBROS". De forma voluntaria os nenos/as trouxeron un libro da súa casa para cambialo por outro.
Algúns colaboradores da biblioteca de 5º e 6º contaron o conto "A galiña azul " de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano 2017 no Día das Letras Galegas.
Nas diferentes aulas fixéronse diferentes actividades. Unha mostra son as flores elaboradas polo alumnado de 5º.
Ningún comentario:
Publicar un comentario