martes, 31 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Un ano máis celebramos este día especial para a nosa biblioteca e este curso escollemos a fantasía como tema guía do noso traballo.
Aproveitando a película Mi vecino Totoro de Hayao Miyazaki como presentación dos seres fantásticos o alumnado realizou presentacións para tódolos niveis falando dos trasnos, das lendas da zona de Melide e de outros seres mitolóxicos doutros paises ou lugares como Romanía e os paises árabes.
Lemos a lenda do trasno de Abadín (Lugo) e a lenda da Fonte Santa de Piñor (Melide). Falamos dos Djinns e de Balaur.
Debuxamos os "nosos Totoros" ou demos cor a outros seres mitolóxicos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario