-Traballo de aula e de centro para coñecer, ler, estudar á autora homenaxeada mediante as propostas, materiais e recursos da Consellería, Instituto Galán, E. Xerais, ....
-Realización duns carteis, un sobre a autora e obras da mesma e outro con textos significativos dos seus libros máis axeitados ás etapas de primaria e infantil. Estes carteís foron elaborados polos nenos e nenas encargados da biblioteca escolar.
-Participación durante tres días nas actividades programadas desde o concello e a biblioteca municipal para homenaxear a autora.
-Participación de todo o alumnado do centro co contacontos "Celsiño" co que cantamos e recitamos.
-Como xa ven sendo costume, semana de cine en galego onde os nenos elaboran as entradas ás sesións escribindo palabras en galego. Este curso as películas foron:
"Os Bolechas nas Letras Galegas" para infantil.
"King Louis" para o 1º e 2º curso.
"Asterix e as doce probas"para 3º e 4º curso.
"Pradolongo" para 5º e 6º curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario