O CEIP Melide Nº1 conmemorou conxuntamente dúas efemérides:
o día de Rosalía de Castro (24F) e o día da muller (8M).
Fixérono escoitando poemas reivindicativos da autora sobre o papel da muller na hora do recreo.
Tamén se invitaron as familias para que viñeran ler poemas de Rosalía. Algúns dos recitados foron San Antonio bendito, Xan, A xustiza pola man, Tecín soia a miña tea, etc. que serviron para reflexionar sobre o papel da muller en antaño e a día de hoxe.
5º Ed. Infantil
6º Ed. Infantil
1º Ed. Primaria
As familias participantes foron agasalladas cunha flor.
4º Ed. Primaria
6º Ed. Primaria
Moitas gracias a todos e a todas os/as que participastedes.
Así mesmo, o Concello agasallounos cun contacontos para seguir traballando o tema da igualdade nas nosas aulas. Estivo a cargo de Eduvía para os nenos de 5º e 6º de Educación Primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario