domingo, 28 de abril de 2019

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO NO CEIP MELIDE Nº1

Este xoves os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria foron convidados pola Concellaría de Cultura do Concello a unha actividade basada en "Contacontos para igualdade" a cargo do músico, actor e contacontos "Pablísimo". Desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal Xosé Vázquez Pintor.








E xa vos adiantabamos que andabamos argallando algo coa poesía, estabamos redactando uns versos que degustamos en forma de petiscos literarios o venres na biblioteca.


Os nenos e nenas de Infantil baixaron con 1º e 2º. E foron estes maiores quen lles leron os seus versos aos mais pequenos.






Os de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria intercambiaron os seus petiscos, saborearon a froita fresca e leron o que os outros escribirán. Que estrofas máis bonitas!!
Para rematar, cada clase escolleu un compañeiro  para recitar un poema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario