martes, 25 de xuño de 2019

FIN DE CURSO 2018/19

O CEIP Melide Nº1 celebrou o venres 21 de xuño o festival de fin de curso.
Foi un día moi emotivo polos agradecementos e recoñecementos á labor de todo un curso.


A Biblioteca Comecontos e a Consellería agasallou ao alumnado voluntario con camisetas, diplomas e cadernos.
Desexamos que sigan participando activamente nesta labor aquí nesta biblioteca ou na biblioteca do Instituto para onde se van os alumnos e alumnas de 6º. Desexámoslles moita sorte na andaina da secundaria así como ós mestres e mestras que se van a outros colexios onde seguro seguirán traballando a prol das bibliotecas escolares.
Comecontos está moi agradecido.












Agradecer tamén á Escola de Música de Agolada e especialmente a Cristina pola súa organización para amenizar deste xeito o fin de curso 2018/19.


E ao alumnado de 5º EI, 5º EP e 6ºEP por preparar e deleitarnos coas súas actuacións.


Feliz verán a tod@s!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario