Como xa vos comentamos na entrada anterior, démoslle a inauguración á nosa biblioteca cun Escape Room.
O alumnado dividiuse en pequenos grupos para realizalo. Dispoñían tan só de 15 minutos para resolver un xogo de pistas que os levaría a atopar a chave da biblioteca, co fin de poder abrir a porta e saír dela!
Traballaron xenial en equipo!! Aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso:
|
Unha das primeiras pistas levounos a unha caixa pechada cun candado. Para conseguir abrila tiveron que resolver un acertixo que lles dou o código para meterlle ao candado. |
|
Logo, tiveron que buscar un lugar da biblioteca onde podían atopar unha noticia. Alí, entre as páxinas dun xornal atoparon a seguinte pista. |
|
Na páxina do xornal a imaxe do ordenador levounos ao seguinte lugar. No ordenador agardábaos un encrucillado, no que tiveron que buscar despois unha palabra de 6 letras. |
|
A palabra de 6 letras tiveron que montala nun dos xogos da biblioteca. Tras montala, ao darlle a volta saiulles outra palabra clave que os levou ao lugar no que estaba a chave da biblioteca. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario