martes, 21 de abril de 2020

Mesa redonda co gallo do Día da Muller Traballadora

O pasado 6 de marzo o alumnado de 6º artellou unha Mesa Redonda para conmemorar o Día da Muller Traballadora, dentro do proxecto LINGUA E MULLER 3.0.



Pois si amigas e amigos, o alumnado entrevistou a nais do cole, que desenvolven traballos tradicionalmente masculinos para contarnos a súa experiencia.

As convidadas foron:

María Pazos, xefa de produción de calidade nunha planta de biomasa.

Raquel Vázquez, funcionaria de prisións, xefa de departamento de vixiancia.

Ánxeles Vázquez, política, conselleira de Medio Ambiente.

Begoña Castro, especialista en laboratorio, traballo social e máster en economía e xestión inmobiliaria. Actualmente propietaria da Inmobiliaria Castro&Sexto.

Eva Rivas, traballadora social.

Maite Sánchez, técnico superior en imaxe para a diagnose clínica.

Conversaron sobre a brecha de xénero, a salarial e a social dende os diferentes eidos onde traballan. Elas son precursoras en moitos oficios, rompendo estereotipos co seu esforzo e abrindo e facilitando camiño ás mulleres que veñan detrás. As mulleres como elas, din: temos que facelo ben, por partida dobre, porque naquelas profesións máis masculinizadas, ás mulleres esíxeselles demostrar que son capaces de facer correctamente as súas funcións.

Animámosvos a escoitala! Veredes como as mulleres a pesar de conseguir moitos avances en tema de dereitos, aínda son moitos os estereotipos e prexuízos a superar día a día. Pero a conclusión máis importante consiste en comprobar como malia todo isto, seguen dedicándose o que realmente lles gusta, coexistindo cos micromachismos, e facendo visible á muller en múltiples espazos.

Adiante rapazas, o mundo agárdavos, elas abriron a senda e agora necesitan compaña!









Ningún comentario:

Publicar un comentario