O 4 de febreiro celébrase
o Día Internacional dos Libros de Harry Potter!
Por este motivo, Comecontos,
moi fan desta saga,
quere propoñervos un pequeno quiz
para saber cánto sabedes sobre o famoso mago
ou para que, no caso de que non o coñezades,
vos acheguedes á biblio a mergullarvos nas súas historias.
Hai dúas categorías, unha para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria
e outra para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Haberá un premio para os tres primeirxs alumnxs de cada categoría que,
na última semana de febreiro,
digan á mestra Lorena McGonagall
o encantamento ou feitizo que descubrirán se superan o quiz.
Así que tedes todo febreiro para poñervos ao día
coas historias de Harry Potter!!
Moita sorte a todxs!!
PD: evitade usar a poción FElix Felicis 😉
quiz para 1º, 2º e 3º
quiz para 4º, 5º e 6º
OLA!
ResponderEliminarTemos a solución, pero, non a diremos ata o luns no colexio.
Unha aperta
olaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarTamén atopei o feitizo.sherezade