mércores, 9 de marzo de 2016

REFUGALLO

Para despertar nos nenos/as unha actitude positiva cara a reutilización e reciclaxe de materiais, propúxose unha actividade titulada "DALLE UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE A UN OBXECTO DE REFUGALLO". Algúns obxectos da vida cotiá que normalmente tiramos ao lixo, pasaron a unha segunda vida, e mirade que cousas tan bonitas surxiron. Noraboa a todos os participantes de 3º e 4º de Primaria, menuda imaxinación!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario