LIBROS QUE DEIXAN PEGADAS
Os nenos recibiron unha cartolina na cal aparecían dúas pegadas simbolizando un pé. Cada neno debía escribir nunha das pegadas o título do seu libro favorito e se desexaban, decorala. Unha vez que todo o alumnado tiña preparadas as súas pegadas, decoramos unha das paredes do centro facendo un "camiño de libros"ata chegar á biblioteca".
Así de fermosas quedaron as nosas paredes!!!
ELABORACIÓN DUN MURAL E EXPOSICIÓN DO LIBRO"DON QUIJOTE DE LA MANCHA"
Fíxose un gran mural para conmenorar o IV centenario da morte de Cervantes ,tamén se realizou unha exposición do seu libro máis célebre.
PRESENTACIÓN DO BLOG E ENTREGA DOS CARNÉS DE BIBLIOTECA
Para dar a coñecer o blog aos nenos e nenas, realizouse unha sesión informativa. Tamén se fixo entrega dos carnes da biblioteca dende 5 anos ata 6º de primaria.
Todos tiñan moitas ganas de telos e realizar os seus préstamos con el. Nese mesmo día sacaron os seus primeiros libros estrenando o seu carné. Todo un acontecemento !
CONTACONTOS
Visitou o noso Cole o Contacontos Anxo Moure, finalizando así as actividades organizadas para conmemorar o DÍA DO LIBRO.En dúas representacións distintas fixo as delicias de todo o alumnado de Infantil e primaria.
Pasámolo xenial, divertíndonos e aprendendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario