venres, 23 de febreiro de 2018

ROSALÍA CANTA Á NATUREZA


Dende o CEIP abrimos fiestras como nos propoñen desde a AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.
Fiestras á natureza reflectida nas verbas de Rosalía, fiestras aos sentimentos sobre a "terra" da poetisa e aos nosos mesmos...


Os alumnos e alumnas escriben os seus poemas en fiestras abertas para que se espallen polo aire e cheguen as persoas.

Nos intres da hora de ler, abrimos as portas das aulas desde infantil a 6º de primaria para que pais e nais nos acompañen e reciten os poemas da autora.
Escoitanse as cantigas dos poemas de Rosalía en pop, en rap e en rock musicados por diferentes músicos e grupos musicais.
Os pequeniños son Rosalía nun precioso photocall elaborado por eles e a mestra Noela.

En difinitiva, disfrutamos coas verbas dos poemas da nosa excelente poetisa.
Agradecemos aos papás e mamás as súas voces e compaña.
E quen puidera ter cada día o agasallo dun bo libro como os da poetisa!











Ningún comentario:

Publicar un comentario