mércores, 21 de marzo de 2018

CON LEDICIA COSTAS

Que oportunidade tan fermosa nos ofreceu a Biblioteca Municipal do Concello  o venres 9 de marzo, ao poder contar coa presenza da escritora Ledicia Costas en Melide, poder escoitar as súas verbas e poder levar unha dedicatoria e un autógrafo da mesma!!! Participou o alumnado de 5º e 6º curso. Os nenos tiñan lido e están a ler as obras da autora co que a participación nesta actividade é un elemento moi motivador para o desenvolvemento do hábito lector. Os pequenos de 5º caracterizáronse das personaxes dos libros de Ledicia e ata a agasallaron cunha enorme tarta. Que espectáculo!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario