luns, 24 de abril de 2017

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

O luns 24 de abril celebramos o Día do Libro. Realizamos a actividade "TROCO DE LIBROS". De forma voluntaria os nenos/as trouxeron un libro da súa casa para cambialo por outro. Algúns colaboradores da biblioteca de 5º e 6º contaron o conto "A galiña azul " de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano 2017 no Día das Letras Galegas.
Nas diferentes aulas fixéronse diferentes actividades. Unha mostra son as flores elaboradas polo alumnado de 5º.

venres, 7 de abril de 2017

CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO"

O 29 de marzo estivo cos nenos de infantil o autor do libro "o cociñeiro Martiño", Iago López. A todos nos gustou o seu libro e disfrutamos escoitandoo na propia voz.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d108755806k6937991o1l1/contacontos2017

SEMANA DA PRENSA

AO LONGO DA SEMANA OS "NOSOS PERIODISTAS" FORON ESCRIBINDO, DEBUXANDO E MAQUETANDO AS PÁXINAS DO "XORNAL TOLO" AMOSAMOS ALGÚNS DOS SEUS TRABALLOS. TAMÉN COÑECEROS OUTROS DIARIOS ESCRITOS EN DIVERSAS LINGUAS.