sábado, 23 de marzo de 2019

A SEMANA DA PRENSA


O CEIP Melide Nº 1 e a  Biblioteca Comecontos está a traballar na prensa despois de comezar durante A Semana da Prensa (do 11 ao 15 de marzo ) coa ubicación na entrada do colexio dunha mesa con prensa variada, diaria e mensual.


Así mesmo, todos os cursos están elaborando un periódico que levará a figura da muller como eixe transversal en todas as súas seccións e que verá a luz a finais de mes. Estade atentos/as á súa publicación!

Recordando a Rosalía de Castro e a loita pola igualdade da muller


O CEIP Melide Nº1 conmemorou conxuntamente dúas efemérides:

o día de Rosalía de Castro (24F) e o día da muller (8M).

Fixérono escoitando poemas reivindicativos da autora sobre o papel da muller na hora do recreo.


                                          

                                      

Tamén se invitaron as familias para que viñeran ler poemas de Rosalía. Algúns dos recitados foron San Antonio bendito, Xan, A xustiza pola man, Tecín soia a miña tea, etc. que serviron para reflexionar sobre o papel da muller en antaño e a día de hoxe.

5º Ed. Infantil
6º Ed. Infantil
1º Ed. Primaria
 
As familias participantes foron agasalladas cunha flor.


4º Ed. Primaria

6º Ed. Primaria


Moitas gracias a todos e a todas os/as que participastedes.


Así mesmo, o Concello agasallounos cun contacontos para seguir traballando o tema da igualdade nas nosas aulas. Estivo a cargo de Eduvía para os nenos de 5º e 6º de Educación Primaria.