martes, 28 de maio de 2019

ALUMNADO DE INFANTIL EN RADIO MELIDE

Hoxe algúns alumnos e alumnas de Infantil acudiron a Radio Melide, cerrando así a colaboración anual do CEIP Melide Nº1 con este medio local, ó que foron ó longo do curso, todos as clases das dúas etapas.

Os mais pequenos do colexio contaron en directo o conto "O casamento da pulga" de Antonio Fraguas e outros textos tradicionais como refráns, adiviñas, etc.







Foi un pracer participar neste medio. Moitas gracias a Radio Melide por darnos esta oportunidade.



sábado, 25 de maio de 2019

Teatro no CEIP Melide Nº1

Os rapaces e rapazas maiores das etapas de Educación Infantil e de Primaria prepararon tres obras teatrais que estrenaron ó longo desta semana no salón de actos do colexio.


O alumnado de 6º de Infantil escenificou a obra "O casamento da pulga",  recollida no Cancioneiro de Cotobade do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.



Os alumnos e alumnas  de 6º A (Primaria) interpretaron unha comedia reivindicativa en torno a tres temas:
"Os contos dos nenos e nenas teñen moito que mellorar"


"O absurdo da sociedade da información e da comunicación na que vivimos"


"Os nenos e as nenas de hoxe en día están perdendo a lingua. Qué se pode facer para non perdela? Non parar de falar e outras instruccións varias"





E o alumnado de 6º de Primaria B  deleitáronnos con adiviñas, refráns, ditos e contos da nosa terra e da nosa cultura recollidos no libro "Terra de Melide" no que colaborou Antonio Fraguas na súa elaboración. Estivo amenizada con música tradicional en directo a cargo de Félix, un alumno gaiteiro.


Moitas grazas a todas as actrices e actores, así como ás titoras-directoras das obras teatrais.

Antón Laia visita o CEIP Melide Nº1

Antón Laia (Melide, 1956) é,  como el mesmo se define e como o presentaron algúns alumnos de 6º EP,"sonhador e poeta ocasional, buscador de palabras em mundos e amante das vivencias do presente e das lembranzas. Gosta de papar o tempo observando e de seguer sendo aquel neno, por isso todos os días joga co seu aro de ferro naquela rua na que aínda ensonha o futuro. Foi trabalhador do Ensino Primario"

Participaron desta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Algúns deles tiveron o gusto de recitar poemas do autor como Mulheres, Soños ou Aros.

O autor falou destes e recitou outros como Anhelo, Zulma Gálvez Morazán ou Escola.
Recordou a súa nenez, os xogos populares e tamén reivindicou o papel da muller.





Seguidamente o autor propúxolle ó alumnado un taller de poesía. En primeiro lugar debían completar a oración "A poesía é..."; e en segundo lugar "Como se no mar as ondas fosen..."
Sairon cousas tan fermosas coma as que se escriben a continuación:
"A poesía é o son do corazón"

"A poesía é una aventura literaria"

"A poesía é o canto do pensamento"

"A poesía é unha pintura con letras"


"Como se no mar as ondas fosen latexos dos corazóns"

"Cómo se no mar as ondas fosen a tristeza e a alegría que cada un sente"




A maioría, por grupos, quixo compartir as súas creacións cos compañeiros e compañeiras.



venres, 17 de maio de 2019

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP MELIDE Nº1

Os alumnos e alumnas estan a disfrutar de actividades para celebrar as Letras Galegas ó longo de todo o mes de maio.


Do 8 ó 10 de maio foron proxectadas películas en galego, como xa viñan facendo en anos anteriores. Aquí tedes o cartel do cine.

Pero a entrada non era de balde asique tiveron que elaborar cadansúa etiqueta cunha palabra en galego para poder asistir ó evento. Despois foron expostas na porta principal do colexio.



Os máis pequenos, ademáis de plantar herbas aromáticas no seu horto escolar do patio de Infantil, sementaron palabras en galego. Aínda quedan algunhas por plantar!!






E o Concello de Melide, desde a Concellería de Cultura, convidounos a desfrutar de actividades musicais e culturais organizadas con motivo das Letras Galegas.
O alumnado de Infantil asistiu ó concerto do grupo musical Os Trotaventos:



E os cursos de 1º a 6º de Primaria do espectáculo de Odaiko:





Na vindeira semana teremos a visita dun poeta. Xa vos contaremos!