martes, 22 de outubro de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Estimadas rapazas e rapaces: 

Comecontos convídavos á inauguración da biblioteca do noso colexio o próximo 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares. Como sabedes as bibliotecas son centros de aprendizaxe, de moitas formas de aprendizaxe: lectura, xogos, tecnoloxía, investigación, creación, imaxinación... por iso, propónsevos para comezar o curso e para facer da nosa biblioteca un espazo de aprendizaxe: un Escape Room
O Escape Room é un xogo de pistas que deberedes resolver para poder saír da biblioteca. Seredes capaces? Será unha oportunidade para demostrar todo o que sabedes! Aceptades o reto? 
Esperámosvos o xoves!

mércores, 9 de outubro de 2019

Espectáculo "Cores, Contos e Rock 'n' Roll"

Onte o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivo unha saída á biblioteca municipal de Melide para acudir ao espectáculo "Cores, Contos e Rock 'n' Roll" de Pakolas (Paco Cerdeiras) acompañado da ilustradora Laura Romero. Foi un espectáculo que combinou música, contos e tamén debuxos que a ilustradora ía facendo mentres Pakolas contaba as historias. Temos que dicir que as ilustracións que fixo regalóunolas para poñer na nosa biblioteca, será un pracer decorala con elas! Pasámolo moi ben, e para que o vexades aquí vos deixamos unhas imaxes:

Chegou o outono!

O pasado 23 de setembro comezou o outono e no noso centro quixemos dárlle a benvida. Estivemos decorando algúns dos corredores con produtos característicos desta época do ano: castañas, noces, ourizos, follas, millo, landras, uvas, millo...
Ademais, o alumnado tamén fixo algunha manualidade tan bonita coma a que podedes ver a continuación:

Benvid@s ao curso 2019-2020!

Fai xa unhas semanas demos comezo ao curso escolar 2019-2020. Comezamos cargados de enerxía e ilusión, agardando aprender moito e pasalo ben xuntos un ano máis. A continuación deixámosvos unha imaxe do mural co que recibimos ao alumnado o primeiro día de clase:
Como di no mural: Benvid@s a tod@s á nova aventura deste curso! Despegamos!!!