luns, 4 de xuño de 2018

NOVAMENTE CO CONSERVATORIO

Desta volta foi o profesor de guitarra do Conservatorio de Melide, Fran, o que nos ofreceu a súa música acudindo ao noso centro e dando un pequeno concerto para os nosos alumnos, tanto os de infantil como os de primaria. Todos aplaudiron e bailaron co rock.
Tamén esta semana acudimos ao concerto que fixeron os profesores de vento e os seus alumnos. Quedamos coa invitación de poder participar nas actividades do conservatorio.