domingo, 28 de abril de 2019

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO NO CEIP MELIDE Nº1

Este xoves os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria foron convidados pola Concellaría de Cultura do Concello a unha actividade basada en "Contacontos para igualdade" a cargo do músico, actor e contacontos "Pablísimo". Desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal Xosé Vázquez Pintor.








E xa vos adiantabamos que andabamos argallando algo coa poesía, estabamos redactando uns versos que degustamos en forma de petiscos literarios o venres na biblioteca.


Os nenos e nenas de Infantil baixaron con 1º e 2º. E foron estes maiores quen lles leron os seus versos aos mais pequenos.






Os de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria intercambiaron os seus petiscos, saborearon a froita fresca e leron o que os outros escribirán. Que estrofas máis bonitas!!
Para rematar, cada clase escolleu un compañeiro  para recitar un poema.

martes, 23 de abril de 2019

Bibliocomecontos celebra o Día do libro

Este 23 de abril o CEIP Melide Nº1 celebrou o Día do libro lendo poesía.



Estes foron algúns dos libros de poemas dispoñibles na Bibliocomecontos, outros andaban a ser recitados polo noso alumnado nas súas aulas: Lúa e Cocodrilo de Antonio Rubio, Street Poems de Fran Alonso, Poemar o mar de Antonio García Teijeiro, Eu ben vin, virivín de Manuel Rico, etc. Andan argallando algunha actividade mais ó longo da semana.

Hoxe Bibliocomecontos quere compartir con vos este poema do libro A lo Bestia de Mar Benegas:

Don Libro está helado

Estaba el señor don Libro
sentadito en su sillón;
con un ojo pasaba la hoja,
con el otro ve televisión.

Estaba el señor don Libro
aburrido en su sillón,
esperando a que viniera...(a leerle)
algún pequeño lector.

Don Libro era un tío sabio,
que sabía de luna y de sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.

Estaba el señor don Libro
tiritando de frío en su sillón;
vino un niño,
lo cogió en sus manos
y el libro entró en calor.




Seguimos dando calor aos libros e desgustando poesía. 

 


mércores, 10 de abril de 2019

O XORNAL DA IGUALDADE

Xa saiu publicado O xornal da Igualdade. 

A muller está presente en todas as súas seccións: portada, novas de Galicia, historia, entrevista, música e cultura, ciencia, deporte, publicidade, pasatempos e contraportada.








Aprender a pensar, reflexionar e ser críticos ante os medios que ven, escoitan e len é unha das competencias máis importantes que o noso alumnado debe adquirir, xa que a formación xunto coa información son garantes de liberdade e igualdade.

PEQUENOS GRANDES LECTORES CELEBRAN O DÍA DO LIBRO INFANTIL. 2 DE ABRIL

No CEIP Melide Nº1 hai moitos "Pequenos grandes lectores".

Moitos alumnos e alumnas de Infantil viñeron ver e ler as novidades en libros infantís que hai na biblioteca.






Así mesmo, algún dos "Pequenos grandes lectores" voluntarios de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria saíron ao patio de Infantil a contarlles un conto. Encántalles!!!