xoves, 17 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Aquí vos deixamos algunhas suxerencias lectoras para este Nadal. Poden ser boas ideas de agasallos... 😉

Felices festas!!




mércores, 25 de novembro de 2020

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Achegádevos á mesa da biblio do pasillo de 5º

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a biblio, Comecontos fainos unha proposta de lecturas para conmemorar o 25N que podedes ver facendo click aquí.
Veredes que son libros e contos onde as protagonistas son maioritariamente nenas e mulleres valentes, comprometidas, emprendedoras, rebeldes, inventoras, resolutivas e un largo etc.
Son todos contos que temos na biblioteca, así que aproveitade o voso turno na biblio para buscalos e mergullarvos nas súas páxinas!

 

luns, 15 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Ola a tod@s!

Como as vacacións de verán están á volta da esquina, Comecontos quere suxerirvos algunhas lecturas para que non perdades o bo hábito de ler durante ese tempo.

Aquí as tedes no seguinte vídeo:



Comecontos e todo o profesorado do centro deséxanvos un BO VERÁN e unhas FELICES VACACIÓNS! 
Vémonos con máis contos, historias e aventuras o curso que vén! 😀

xoves, 4 de xuño de 2020

CONTOS NA CORENTENA

Ola a tod@s unha vez máis!

Aquí seguimos para facervos a corentena un pouco máis divertida cun novo conto.

Hoxe a profe Tere vén con: Andrés cabeza abajo

Coñecédelo? Non agardedes máis e mirade o vídeo para escoitar a historia!


sábado, 30 de maio de 2020

Un conto creado na corentena

Día do Libro na corentena

O alumnado de segundo, para conmemorar o Día do Libro, decidiron compoñer entre tod@s un conto!

O illamento non impediu facer unha actividade tan fermosa e cun resultado tan magnífico! 

As nenas e nenos de segundo len moito, deixaron voar a súa imaxinación e este foi o resultado.

Que vos parece? 









mércores, 27 de maio de 2020

NOVO CONTO NA CORENTENA

Aquí estamos un día máis cunha nova historia para vós!


Desta vez, o conto titúlase: O PAÍS DOS MANDÓNS


Coñecédelo?


Agardamos que vos guste!







Máis libros para @s Comecontos!

Á biblio do cole seguen a chegar novos contos!

Desta vez para os últimos ciclos, aquel@s máis autónom@s na lectura.

Logo comeza unha nova etapa para o alumnado de 6º de primaria, o instituto, novas amizades, cambio nas rutinas, nas relacións... e para o de 5º, que xa ten a mente máis no instituto ca en primaria. Esa paulatina metamorfose experimentada polas nenas e nenos tradúcese en medo, inseguridade, incertidume, baixa autoestima... por iso convidámosvos a que leades estes libros que tratan algúns deses sentimentos e emocións.

Vanvos encantar estas tres propostas!





Os ecos do lume de Anxo Fariña conta a historia de Noa, unha preadolescente preocupada polo que pensan @s demais dela e moi dependente da Internet. Pero, un día todo cambiou ao desaparecer seu irmán. Non dubida en ir na súa busca e aí descobre... un mundo totalmente novo e abraiante! Con eirugas e tartarugas xigantes!

Teño oito anos e quero ser youtuber de Xoán Babarro narra as aventuras inimaxinables de ser youtuber e de querer seguir dende pequen@s o exemplo da nosas nais e pais.


Os camiños do vento de Xavier Estévez relata os sentimentos e emocións dun neno e unha nena experimentados durante o seu cambio á ESO e ao instituto, mesturados co misterio dunha ladroa de pescado no peirao. 

Sen dúbida unhas lecturas obrigadas a estas idades!

martes, 26 de maio de 2020

CONTOS NA CORENTENA

Ola de novo!

Hoxe traémosvos un conto novo.  Desta vez titúlase: SAL E AZUCRE

Agardamos que vos guste e aprendades moito con el!


luns, 18 de maio de 2020

Letras Galegas


Letras Galegas 2020!

Malia á distancia, dende o colexio non quixemos perder a oportunidade de conmemorar un día tan importante como o de onte, o día das NOSAS LETRAS! 

E como o fixemos? 
Pois botando man da tradición oral, representamos ditos e refráns populares. Contando coa axuda das nosas avoas e avós.

E é que o galego debe falarse os 365 días do ano. É a nosa obriga coidalo, querelo e non deixar que esmoreza. Somos moi provilexiad@s por ter unha lingua propia! Presume dela😉

Gracias unha vez máis a todas as familias e profesorado por facer posible todo isto! 

Podedes ver o resultado, clicando no enlace! https://drive.google.com/file/d/11pCiHDRmxIF1qbXGp9GZe_SlNngyesAx/view?usp=sharing











Esperamos que vos guste! 




venres, 15 de maio de 2020

Día da Familia!

Feliz día, Familias!

Este 15 de maio está a ser un tanto diferente. Deberíamos estar na biblio lendo un conto sobre a importancia da familia independentemente de por quen estea formada e do que significa para cada unha e cada un de nós.
Conscientes disto todo o equipo docente e non docente do cole, é sabedor do gran esforzo que están a facer, non só as nosas familias, senón TODAS, e quixemos homenaxealas cunha curta.

Agardamos que vos guste e supoña un impulso nesta delicada situación. 
Por suposto, fixemos unha pequena referencia á nosa biblio e a importancia da lectura.











Gracias por participar!

mércores, 13 de maio de 2020

UN NOVO CONTO!

Ola de novo!
Como xa sabedes, este ano dedicámoslle as Letras Galegas a Ricardo Carballo Calero. Por iso, xa que se está aproximando o día, hoxe traémosvos un conto dese autor. Titúlase: As pitas baixo a choiva.

Agardamos que vos guste!




martes, 12 de maio de 2020

As profes xa comezaron cos seus refráns!

Que profes máis animadas as deste cole!

A continuación podedes ver algunhas profes representando refráns populares en Galicia!

Veña a participar tod@s, vai ser unha gozada!

Recordade, tedes ata o 14 de maio!



A profe Begoña: Ser list@ coma un allo!



A profe Leti: Nunca choveu que non escampara!



A profe Tere: Galiña vella fai bo caldo!


A profe Eva: Cando o río soa, auga leva.

venres, 8 de maio de 2020

Día das Letras Galegas




Querid@s Comecontos

        Sabedes que se achega o Día das Letras Galegas e aínda que esteamos illad@s, temos que renderlle homenaxe ao noso idioma e a nosa cultura. 

         E que mellor maneira que representando as expresións populares e refráns máis comúns noso día a día!
Podedes participar facendo un vídeo ata o 14 de maio.

        Animámosvos a participar a tod@s!




mércores, 6 de maio de 2020

OUTRO CONTO NA CORENTENA!

Seguimos con máis contos na corentena!

Hoxe a profe Tere tráenos: MERMELADA DE FRESA

Agardamos que vos guste!!





sábado, 2 de maio de 2020

2 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o acoso escolar, tamén coñecido co termo bullying. Pero, sabemos realmente o que este concepto significa? 
Expertos dinnos que o bullying ou acoso é a forma de dirixirnos a unha persoa (tanto de forma física como verbal) causándolle un dano temporal ou permanente. 
Por iso, é importante que seamos coidadosos co noso comportamento e co que dicimos, para non facer dano aos demais.

Desta forma, apartándonos de calquera tipo de violencia, gustaríanos compartir con vós o seguinte vídeo. Con el veredes que ser diferentes non é motivo para facer sufrir a alguén.
Seguro que vos fai pensar un pouquiño e tamén ver o bonito e importante que é ser unha boa persoa cos demais que nos rodean! 




venres, 1 de maio de 2020

Contos na corentena

Contos na corentena!

As profes continuan contando contos, para que a pesar de estar confinad@s, poidamos seguir escoitando aqueles contos que máis nos gustan!

Hoxe DE QUE COR É UN BICO?

Animádesvos a imaxinar, debuxar e pintar os vosos bicos? Mandádenolos ao enderezo bibliocomecontos@gmail.com e logo publicarémolos no blogue.


martes, 28 de abril de 2020

Máis incorporacións na biblio!



Que boa pinta!

Chegaron, como cada ano, novos contos á biblio. 







Cal vos apetece ler?

Coñecedes algún?

De que credes que tratarán?


Podedes deixar a vosa opinión neste Padlet clicando no símbolo +, agardámosvos!


Made with Padlet

Cantos contos sabes contar?


Cada día un conto!

As profes de primeiro e segundo, co gallo da semana do libro, contáronlles cada día un conto ao seu alumnado e agora vano compartir con nós! Incluso con aqueles idiomas máis descoñecidos.

Que sorte 😊. Esperamos que vos gusten!

E vos... tedes algún conto para contarnos? Atrevédesvos?

En francés...


E en italiano...



xoves, 23 de abril de 2020

Máis e máis libros no 23 de abril!

Os nosos libros favoritos! Máis e máis!

Ollade















Mil grazas!

Día do Libro, 23 abril!

Chegou o día... O Día do Libro!


E xa comezaron a chegarnos algúns dos vosos libros favoritos!

De alumn@s e profes! Cal vos gusta máis?

Moitas gracias.


mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro


"El que lee mucho y anda mucho, 
ve mucho y sabe mucho"  Miguel de Cervantes.


Estimad@s Comecontos do cole!

Mañá é o Día do Libro. A lectura é unha ventá aberta a calquera realidade, accesible a través de múltiples maneiras, non só dos libros, xornais, revistas, enciclopedias... tamén na etiquetaxe dos produtos, as sinais de tráfico, os teléfonos móbiles, a TV, en bolsas, etc. En fin, que privilexio saber ler!!

Emprazámosvos a aproveitar a corentena para ler moito, da igual se son cómics, poemas, narracións, o xornal deportivo, curiosidades... pero LEDE!

Porén, para conmemorar este día tan especial, Comecontos proponvos un pequeno desafío... 
Que vos parece de enchemos o blogue dos libros que máis vos gustan?


Representar as portadas e títulos, ou ben, sacar unha foto cos vosos libros favoritos! 

Fácil non? Sacade unha foto co libro e enviádenola o correo bibliocomecontos@gmail.com ou calquera d@s vos@s profes e logo subirémolas ao blogue!
Queremos ademais, animar especialmente a participar ás nosas FAMILIAS e toda a COMUNIDADE EDUCATIVA do C.E.I.P. Nº1 DE MELIDE!

Ollade @s profes!




A profe Eva (PT)





martes, 21 de abril de 2020

Mesa redonda co gallo do Día da Muller Traballadora

O pasado 6 de marzo o alumnado de 6º artellou unha Mesa Redonda para conmemorar o Día da Muller Traballadora, dentro do proxecto LINGUA E MULLER 3.0.



Pois si amigas e amigos, o alumnado entrevistou a nais do cole, que desenvolven traballos tradicionalmente masculinos para contarnos a súa experiencia.

As convidadas foron:

María Pazos, xefa de produción de calidade nunha planta de biomasa.

Raquel Vázquez, funcionaria de prisións, xefa de departamento de vixiancia.

Ánxeles Vázquez, política, conselleira de Medio Ambiente.

Begoña Castro, especialista en laboratorio, traballo social e máster en economía e xestión inmobiliaria. Actualmente propietaria da Inmobiliaria Castro&Sexto.

Eva Rivas, traballadora social.

Maite Sánchez, técnico superior en imaxe para a diagnose clínica.

Conversaron sobre a brecha de xénero, a salarial e a social dende os diferentes eidos onde traballan. Elas son precursoras en moitos oficios, rompendo estereotipos co seu esforzo e abrindo e facilitando camiño ás mulleres que veñan detrás. As mulleres como elas, din: temos que facelo ben, por partida dobre, porque naquelas profesións máis masculinizadas, ás mulleres esíxeselles demostrar que son capaces de facer correctamente as súas funcións.

Animámosvos a escoitala! Veredes como as mulleres a pesar de conseguir moitos avances en tema de dereitos, aínda son moitos os estereotipos e prexuízos a superar día a día. Pero a conclusión máis importante consiste en comprobar como malia todo isto, seguen dedicándose o que realmente lles gusta, coexistindo cos micromachismos, e facendo visible á muller en múltiples espazos.

Adiante rapazas, o mundo agárdavos, elas abriron a senda e agora necesitan compaña!









domingo, 15 de marzo de 2020

IMAXINA A ROSALÍA DE CASTRO

Os retratos gañadores do reto plantexado na publicación anterior xa forman parte da decoración da nosa biblioteca. Aquí vos deixamos unha imaxe:




Xa levamos a cabo tamén a elaboración do obradoiro de carteiras con eles. A continuación amosámosvos unhas imaxes do proceso:

Reutilizando follas de cómics vellos, marcamos a silueta da plantilla de cartón.
Recortamos a silueta e dobrámola con forma de carteira.
Eliximos o retrato que máis nos gustaba entre os gañadores.
Pegamos o retrato na carteira. 
Despois de pegarlle forro transparente, cun punzón fixémoslle uns buratiños para poder coser.
Para rematar puxémoslle un anaco de velcro para abrila e pechala. Este é un exemplo dos resultados finais.

mércores, 4 de marzo de 2020

NOVO RETO

Para seguir conmemorando o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, Comecontos propónvos un novo reto: IMAXINA A ROSALÍA!
O reto consiste en debuxar a esta escritora galega tan importante. Lembrade que o seu retrato terá que estar feito nun folio tamaño A4 e que podedes utilizar calquera técnica artística que vos guste.
Proximamente amosarémosvos os retratos gañadores! 

Con eses retratos gañadores levarase a cabo na biblioteca do centro un obradoiro de elaboración de carteiras. 

venres, 24 de xaneiro de 2020

COMECONTOS INFORMA

Este ano a biblioteca quere ser un lugar cheo de aprendizaxes e, para iso, cada vez incorpora novos recursos. A vindeira semana chega un novo que seguro que vos fai especial ilusión! Para poder ser o primeir@ en coñecer e utilizar este material, Comecontos proponche un pequeno acertixo para resolver. 

A pregunta é:
Como se chaman as árbores do planeta do Principiño?

Se o sabes, busca a mestra Teresa (titora de 2º) e dálle a resposta! O primeir@ que chegue coa solución correcta será a persoa que estrene o recurso! 

martes, 7 de xaneiro de 2020

FELIZ 2020!

Fai unhas semanas, no pasado mes de decembro, démoslle a benvida a unhas semaniñas de vacacións de Nadal. Pero, así de decorados deixamos os nosos corredores, as nosas aulas e a nosa biblioteca. 









O derradeiro día de clase, tivemos un gran festival de Nadal con actuacións musicais, anuncios, sorteo da lotería, badaladas, chistes... Agardamos que gozásedes moito nel e que vos gustase moito! 


Dende o CEIP de Melide nº1 esperamos que tivésedes un bo nadal e desexámosvos un feliz ano novo que acaba de comezar. 
FELIZ 2020!