domingo, 16 de decembro de 2018

PABLO DÍAZ E A BANDA TIC TAC TOC


Os alumnos e alumnas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria dos colexios Melide Nº1, Martagona, Mestre Pastor Barral, Armando Cotarelo Valledor e de Arcediago, desfrutaron este luns 10 de decembro dun concerto de Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc na Casa da Cultura.


Cantaron e bailaron ,
desfrutaron un montón!

xoves, 29 de novembro de 2018

O CEIP Melide Nº 1 a favor da igualdade de xénero e contra a violencia.


Bibliocomecontos, en colaboración coa Biblioteca Pública de Melide, propuxo para traballar durante esta semana, un listado de libros que axude a reflexionar ao noso alumnado de Infantil e Primaria, sobre a igualdade de xénero e o rexeitamento ante calquer tipo de violencia.























E esta é unha das mostras do traballo feito polo alumnado de 6º.




domingo, 28 de outubro de 2018



A biblioteca do CEIP Melide Nº1 volveu abrir este mércores 24 de outubro.


Comecontos estaba desexando abrila de novo, e aproveitou a celebración do Día da Biblioteca para invitar a todos os alumnos, alumnas e mestres e inaugurar as actividades da biblioteca deste curso 2018/19.
Qué nos tiña preparado?

-          Recordatorio de normas e funcionamento da biblioteca.



-          Xogo de pistas para recordar como buscar un libro de interese nos estantes axeitados. Dentro de cada un deles atoparían palabras agochadas coas que ir elaborando unha nube de palabras relacionadas coa biblioteca e os libros.

  

Seguiremos completándoa!!

 



-          Contacontos aos nenos de Ed. Infantil e entrega das mochilas viaxeiras a 5º e 6º desta etapa.





-          Entrega de carnés e marcadores aos nenos de 1º Ed. Primaria.

venres, 13 de xullo de 2018

CONTACONTOS PARA OS DE INFANTIL

Canto disfrutaron e traballaron os nosos pequenos de infantil con esta representación e actividades realizadas.



FESTIVAL FIN DE CURSO

A música dos nosos intérpretes animounos e deleitounos. Un forte aplauso para eles!!!
Tamén bailamos e cantamos. Aquí amosamos unhas fotos.