xoves, 31 de maio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS : Mª VICTORIA MORENO

Un novo ano celebramos as letras galegas con diferentes actividades:
-Traballo de aula e de centro para coñecer, ler, estudar á autora homenaxeada  mediante as propostas, materiais e recursos da Consellería, Instituto Galán, E. Xerais, ....
-Realización duns carteis, un sobre a autora e obras da mesma e outro con textos significativos dos seus libros máis axeitados ás etapas de primaria e infantil. Estes carteís foron elaborados polos nenos e nenas encargados da biblioteca escolar.
-Participación durante tres días nas actividades programadas desde o concello e a biblioteca municipal para homenaxear a autora.


-Participación de todo o alumnado do centro co contacontos "Celsiño" co que cantamos e recitamos.


-Como xa ven sendo costume, semana de cine en galego onde os nenos elaboran as entradas ás sesións escribindo palabras en galego. Este curso as películas foron:
"Os Bolechas nas Letras Galegas" para infantil.
"King Louis" para o 1º  e 2º curso.
"Asterix e as doce probas"para 3º e 4º curso.
"Pradolongo" para 5º e 6º curso.

venres, 11 de maio de 2018

MONICREQUES CO IES DE MELIDE

Unha volta máis, o alumnado de Artes Escénicas do IES enméigannos coa posta en escena da obra de teatro para monicreques de Lauro Olmo "Asemblea Xeral".
Asistiron os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.
Reciban un forte aplauso!!!!

CONTANDO LENDAS NA RADIO DE MELIDE

O alumnado de 5º e 6º do colexio,nesta ocasión, recolle contos e lendas no seu entorno familiar e dáas a coñecer a través da radio. Sorpréndennos!!!
Aquí unha mostra:

5ºB








5ºA