xoves, 25 de novembro de 2021

25 N
Día Internacional Da Eliminación Da Violencia Contra a Muller

O alumnado de 3º de primaria preparou este vídeo para conmemorar este día.
Deixámosvos o enlace para que poidades velo.


luns, 18 de outubro de 2021

DIA DAS ESCRITORAS


Hoxe, 18 de outubro, é o Día das Escritoras e dende a biblio Comecontos querémosvos propoñer un concurso para celebralo e así ir abrindo boca mentres esperamos pola inauguración da biblio.

Para participar teredes que entrar no enlace que atoparedes mais abaixo e facer un xogo no que deberes unir a fotografía da escritora co seu nome.   

        https://es.liveworksheets.com/qb2510482qy  

Unha vez que rematedes debedes darlle a "¡Terminado!" e despois a "Enviar respostas ao meu profesor/a" introducindo o seguinte email de envío:  "bibliocomecontos@gmail.com"

As cinco primeiras persoas que respondan correctamente levarán un agasallo. A entrega deles será o luns 25 de outubro, polo que tendes ata o domingo para participar.

Moita sorte!!



venres, 25 de xuño de 2021

Recomendacións lectoras para o verán

                                                

     

           

             xa están aquí 

as recomendacións  lectoras 

        para este verán





 

martes, 15 de xuño de 2021

Novidades na biblio!!!

 Vos deixamos por aquí un video cunha selección de novidades da biblio. 

Se vos interesan estes títulos e queredes descubrir os demais recén chegados vos esperamos na biblio!!!

venres, 11 de xuño de 2021

Avaliamos como funciona a nosa biblio!!

 

CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO

Dende a biblio Comecontos queremos coñecer a vosa opinión sobre a nosa biblio: que vos parecen as actividades, o seu funcionamento, os servizos que ofrece, etc. e por suposto, cales son as vosas ideas para mellorala.

Para facelo só tedes que cubrir o seguinte cuestionario. Facede clic aquí

Moitas gracias!!

xoves, 10 de xuño de 2021

A nosa homenaxe ás avoas!


 Xa está na biblio o libro que recolle todas as aportacións realizadas polo alumnado para homenaxear ás súas avoas polo Día da Muller Traballadora.

 Pasade a botarlle unha ollada a esta fantástica idea do Equipo de Dinamización da Lingua.

Esperamos que o desfrutedes!

martes, 18 de maio de 2021

Dia das Letras Galegas 2021


Dende a nosa biblio celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado a Xela Arias coa creacion deste fermoso mural creado a partir das caricaturas de Xela Arias feitas polo alumnado de 5⁰ e 6⁰ de primaria. Participaron tamén os alumnos e alumnas de 2⁰ e de Educación Infantil.

Ademais, creamos un mural adicado a Carballo Calero xa que o ano pasado non o puidemos celebrar como nos teria gustado.

Esperamos que vos guste!






venres, 23 de abril de 2021

DIA DO LIBRO

Feliz dia do libro a todxs!!!

Dende a biblio do n⁰1 celebramos este día con diferentes actividades.
O alumnado de Educación infantil e de 1⁰ e 2⁰ de primaria desfrutaron dunha sesión de contacontos con Soledad Felloza.
En 3⁰ e en 4⁰ participaron nunha actividade de Scape Room organizada polo concello.
E o alumnado de 5⁰ e 6⁰ enfrentouse a unha xinkana literaria para recuperar uns "libros perdidos".
Todas e todos divertímonos moitísimo e desfrutamos con ese ser inerte cheo de vida: os libros!!

A ler moito!!! 



mércores, 3 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS LIBROS DE HARRY POTTER!

O 4 de febreiro celébrase 
o Día Internacional dos Libros de Harry Potter!


Por este motivo, Comecontos, 
moi fan desta saga,
 quere propoñervos un pequeno quiz
 para saber cánto sabedes sobre o famoso mago
 ou para que, no caso de que non o coñezades, 
vos acheguedes á biblio a mergullarvos nas súas historias.

Hai dúas categorías, unha para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria 
e outra para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

Haberá un premio para os tres primeirxs alumnxs de cada categoría que,
 na última semana de febreiro, 
 digan á mestra Lorena McGonagall 
o encantamento ou feitizo que descubrirán se superan o quiz.

Así que tedes todo febreiro para poñervos ao día 
coas historias de Harry Potter!!

Moita sorte a todxs!!
PD: evitade usar a poción FElix Felicis 😉


quiz para 1º, 2º e 3º 

quiz para 4º, 5º e 6º


martes, 2 de febreiro de 2021

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e o alumnado do CEIP N⁰1 de Melide propúxose crear diferentes vacinas contra ese virus que é a violencia.

Ademais dende a Biblio preparamos a nosa mesa de recomendacións de contos que falan de temas relacionados coa Paz. Os libros sempre son unha boa vacina contra a violencia. 

Lembrade que teredes á vosa disposición estes libros expostos dende finais desta semana.