martes, 28 de abril de 2020

Máis incorporacións na biblio!



Que boa pinta!

Chegaron, como cada ano, novos contos á biblio. 







Cal vos apetece ler?

Coñecedes algún?

De que credes que tratarán?


Podedes deixar a vosa opinión neste Padlet clicando no símbolo +, agardámosvos!


Made with Padlet

Cantos contos sabes contar?


Cada día un conto!

As profes de primeiro e segundo, co gallo da semana do libro, contáronlles cada día un conto ao seu alumnado e agora vano compartir con nós! Incluso con aqueles idiomas máis descoñecidos.

Que sorte 😊. Esperamos que vos gusten!

E vos... tedes algún conto para contarnos? Atrevédesvos?

En francés...


E en italiano...



xoves, 23 de abril de 2020

Máis e máis libros no 23 de abril!

Os nosos libros favoritos! Máis e máis!

Ollade















Mil grazas!

Día do Libro, 23 abril!

Chegou o día... O Día do Libro!


E xa comezaron a chegarnos algúns dos vosos libros favoritos!

De alumn@s e profes! Cal vos gusta máis?

Moitas gracias.


mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro


"El que lee mucho y anda mucho, 
ve mucho y sabe mucho"  Miguel de Cervantes.


Estimad@s Comecontos do cole!

Mañá é o Día do Libro. A lectura é unha ventá aberta a calquera realidade, accesible a través de múltiples maneiras, non só dos libros, xornais, revistas, enciclopedias... tamén na etiquetaxe dos produtos, as sinais de tráfico, os teléfonos móbiles, a TV, en bolsas, etc. En fin, que privilexio saber ler!!

Emprazámosvos a aproveitar a corentena para ler moito, da igual se son cómics, poemas, narracións, o xornal deportivo, curiosidades... pero LEDE!

Porén, para conmemorar este día tan especial, Comecontos proponvos un pequeno desafío... 
Que vos parece de enchemos o blogue dos libros que máis vos gustan?


Representar as portadas e títulos, ou ben, sacar unha foto cos vosos libros favoritos! 

Fácil non? Sacade unha foto co libro e enviádenola o correo bibliocomecontos@gmail.com ou calquera d@s vos@s profes e logo subirémolas ao blogue!
Queremos ademais, animar especialmente a participar ás nosas FAMILIAS e toda a COMUNIDADE EDUCATIVA do C.E.I.P. Nº1 DE MELIDE!

Ollade @s profes!




A profe Eva (PT)





martes, 21 de abril de 2020

Mesa redonda co gallo do Día da Muller Traballadora

O pasado 6 de marzo o alumnado de 6º artellou unha Mesa Redonda para conmemorar o Día da Muller Traballadora, dentro do proxecto LINGUA E MULLER 3.0.



Pois si amigas e amigos, o alumnado entrevistou a nais do cole, que desenvolven traballos tradicionalmente masculinos para contarnos a súa experiencia.

As convidadas foron:

María Pazos, xefa de produción de calidade nunha planta de biomasa.

Raquel Vázquez, funcionaria de prisións, xefa de departamento de vixiancia.

Ánxeles Vázquez, política, conselleira de Medio Ambiente.

Begoña Castro, especialista en laboratorio, traballo social e máster en economía e xestión inmobiliaria. Actualmente propietaria da Inmobiliaria Castro&Sexto.

Eva Rivas, traballadora social.

Maite Sánchez, técnico superior en imaxe para a diagnose clínica.

Conversaron sobre a brecha de xénero, a salarial e a social dende os diferentes eidos onde traballan. Elas son precursoras en moitos oficios, rompendo estereotipos co seu esforzo e abrindo e facilitando camiño ás mulleres que veñan detrás. As mulleres como elas, din: temos que facelo ben, por partida dobre, porque naquelas profesións máis masculinizadas, ás mulleres esíxeselles demostrar que son capaces de facer correctamente as súas funcións.

Animámosvos a escoitala! Veredes como as mulleres a pesar de conseguir moitos avances en tema de dereitos, aínda son moitos os estereotipos e prexuízos a superar día a día. Pero a conclusión máis importante consiste en comprobar como malia todo isto, seguen dedicándose o que realmente lles gusta, coexistindo cos micromachismos, e facendo visible á muller en múltiples espazos.

Adiante rapazas, o mundo agárdavos, elas abriron a senda e agora necesitan compaña!