sábado, 30 de maio de 2020

Un conto creado na corentena

Día do Libro na corentena

O alumnado de segundo, para conmemorar o Día do Libro, decidiron compoñer entre tod@s un conto!

O illamento non impediu facer unha actividade tan fermosa e cun resultado tan magnífico! 

As nenas e nenos de segundo len moito, deixaron voar a súa imaxinación e este foi o resultado.

Que vos parece? 









mércores, 27 de maio de 2020

NOVO CONTO NA CORENTENA

Aquí estamos un día máis cunha nova historia para vós!


Desta vez, o conto titúlase: O PAÍS DOS MANDÓNS


Coñecédelo?


Agardamos que vos guste!







Máis libros para @s Comecontos!

Á biblio do cole seguen a chegar novos contos!

Desta vez para os últimos ciclos, aquel@s máis autónom@s na lectura.

Logo comeza unha nova etapa para o alumnado de 6º de primaria, o instituto, novas amizades, cambio nas rutinas, nas relacións... e para o de 5º, que xa ten a mente máis no instituto ca en primaria. Esa paulatina metamorfose experimentada polas nenas e nenos tradúcese en medo, inseguridade, incertidume, baixa autoestima... por iso convidámosvos a que leades estes libros que tratan algúns deses sentimentos e emocións.

Vanvos encantar estas tres propostas!





Os ecos do lume de Anxo Fariña conta a historia de Noa, unha preadolescente preocupada polo que pensan @s demais dela e moi dependente da Internet. Pero, un día todo cambiou ao desaparecer seu irmán. Non dubida en ir na súa busca e aí descobre... un mundo totalmente novo e abraiante! Con eirugas e tartarugas xigantes!

Teño oito anos e quero ser youtuber de Xoán Babarro narra as aventuras inimaxinables de ser youtuber e de querer seguir dende pequen@s o exemplo da nosas nais e pais.


Os camiños do vento de Xavier Estévez relata os sentimentos e emocións dun neno e unha nena experimentados durante o seu cambio á ESO e ao instituto, mesturados co misterio dunha ladroa de pescado no peirao. 

Sen dúbida unhas lecturas obrigadas a estas idades!

martes, 26 de maio de 2020

CONTOS NA CORENTENA

Ola de novo!

Hoxe traémosvos un conto novo.  Desta vez titúlase: SAL E AZUCRE

Agardamos que vos guste e aprendades moito con el!


luns, 18 de maio de 2020

Letras Galegas


Letras Galegas 2020!

Malia á distancia, dende o colexio non quixemos perder a oportunidade de conmemorar un día tan importante como o de onte, o día das NOSAS LETRAS! 

E como o fixemos? 
Pois botando man da tradición oral, representamos ditos e refráns populares. Contando coa axuda das nosas avoas e avós.

E é que o galego debe falarse os 365 días do ano. É a nosa obriga coidalo, querelo e non deixar que esmoreza. Somos moi provilexiad@s por ter unha lingua propia! Presume dela😉

Gracias unha vez máis a todas as familias e profesorado por facer posible todo isto! 

Podedes ver o resultado, clicando no enlace! https://drive.google.com/file/d/11pCiHDRmxIF1qbXGp9GZe_SlNngyesAx/view?usp=sharing











Esperamos que vos guste! 




venres, 15 de maio de 2020

Día da Familia!

Feliz día, Familias!

Este 15 de maio está a ser un tanto diferente. Deberíamos estar na biblio lendo un conto sobre a importancia da familia independentemente de por quen estea formada e do que significa para cada unha e cada un de nós.
Conscientes disto todo o equipo docente e non docente do cole, é sabedor do gran esforzo que están a facer, non só as nosas familias, senón TODAS, e quixemos homenaxealas cunha curta.

Agardamos que vos guste e supoña un impulso nesta delicada situación. 
Por suposto, fixemos unha pequena referencia á nosa biblio e a importancia da lectura.











Gracias por participar!

mércores, 13 de maio de 2020

UN NOVO CONTO!

Ola de novo!
Como xa sabedes, este ano dedicámoslle as Letras Galegas a Ricardo Carballo Calero. Por iso, xa que se está aproximando o día, hoxe traémosvos un conto dese autor. Titúlase: As pitas baixo a choiva.

Agardamos que vos guste!




martes, 12 de maio de 2020

As profes xa comezaron cos seus refráns!

Que profes máis animadas as deste cole!

A continuación podedes ver algunhas profes representando refráns populares en Galicia!

Veña a participar tod@s, vai ser unha gozada!

Recordade, tedes ata o 14 de maio!



A profe Begoña: Ser list@ coma un allo!



A profe Leti: Nunca choveu que non escampara!



A profe Tere: Galiña vella fai bo caldo!


A profe Eva: Cando o río soa, auga leva.

venres, 8 de maio de 2020

Día das Letras Galegas




Querid@s Comecontos

        Sabedes que se achega o Día das Letras Galegas e aínda que esteamos illad@s, temos que renderlle homenaxe ao noso idioma e a nosa cultura. 

         E que mellor maneira que representando as expresións populares e refráns máis comúns noso día a día!
Podedes participar facendo un vídeo ata o 14 de maio.

        Animámosvos a participar a tod@s!




mércores, 6 de maio de 2020

OUTRO CONTO NA CORENTENA!

Seguimos con máis contos na corentena!

Hoxe a profe Tere tráenos: MERMELADA DE FRESA

Agardamos que vos guste!!





sábado, 2 de maio de 2020

2 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o acoso escolar, tamén coñecido co termo bullying. Pero, sabemos realmente o que este concepto significa? 
Expertos dinnos que o bullying ou acoso é a forma de dirixirnos a unha persoa (tanto de forma física como verbal) causándolle un dano temporal ou permanente. 
Por iso, é importante que seamos coidadosos co noso comportamento e co que dicimos, para non facer dano aos demais.

Desta forma, apartándonos de calquera tipo de violencia, gustaríanos compartir con vós o seguinte vídeo. Con el veredes que ser diferentes non é motivo para facer sufrir a alguén.
Seguro que vos fai pensar un pouquiño e tamén ver o bonito e importante que é ser unha boa persoa cos demais que nos rodean! 




venres, 1 de maio de 2020

Contos na corentena

Contos na corentena!

As profes continuan contando contos, para que a pesar de estar confinad@s, poidamos seguir escoitando aqueles contos que máis nos gustan!

Hoxe DE QUE COR É UN BICO?

Animádesvos a imaxinar, debuxar e pintar os vosos bicos? Mandádenolos ao enderezo bibliocomecontos@gmail.com e logo publicarémolos no blogue.