mércores, 27 de maio de 2020

Máis libros para @s Comecontos!

Á biblio do cole seguen a chegar novos contos!

Desta vez para os últimos ciclos, aquel@s máis autónom@s na lectura.

Logo comeza unha nova etapa para o alumnado de 6º de primaria, o instituto, novas amizades, cambio nas rutinas, nas relacións... e para o de 5º, que xa ten a mente máis no instituto ca en primaria. Esa paulatina metamorfose experimentada polas nenas e nenos tradúcese en medo, inseguridade, incertidume, baixa autoestima... por iso convidámosvos a que leades estes libros que tratan algúns deses sentimentos e emocións.

Vanvos encantar estas tres propostas!





Os ecos do lume de Anxo Fariña conta a historia de Noa, unha preadolescente preocupada polo que pensan @s demais dela e moi dependente da Internet. Pero, un día todo cambiou ao desaparecer seu irmán. Non dubida en ir na súa busca e aí descobre... un mundo totalmente novo e abraiante! Con eirugas e tartarugas xigantes!

Teño oito anos e quero ser youtuber de Xoán Babarro narra as aventuras inimaxinables de ser youtuber e de querer seguir dende pequen@s o exemplo da nosas nais e pais.


Os camiños do vento de Xavier Estévez relata os sentimentos e emocións dun neno e unha nena experimentados durante o seu cambio á ESO e ao instituto, mesturados co misterio dunha ladroa de pescado no peirao. 

Sen dúbida unhas lecturas obrigadas a estas idades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario