xoves, 28 de novembro de 2024

E vós, sabedes que é a diabetes?


Procurando dar naturalidade e visibilidade á diabetes e coa idea de rachar algunhas das falsas crenzas que leva consigo a enfermidade, as aulas do 2º ciclo de Educación Primaria realizaron diversos contacontos na biblioteca escolar para os distintos niveis e etapas educativas do noso centro.

 

O 14 de novembro, Día Mundial da Diabetes, foi a data elixida para comezar unha actividade que se prolongou durante varias xornadas e se desenvolveu, principalmente, durante a HORA DE LER.

Ningún comentario:

Publicar un comentario