mércores, 20 de novembro de 2024

INAUGURACIÓN E BENVIDA AO CURSO 2024 - 2025

 

A Biblioteca COMECONTOS do CEIP Nº 1 de Melide abriu as súas portas para toda a comunidade educativa do centro e deu a benvida ao novo curso escolar co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS, aínda tendo comezado a súa actividade moito antes, coa intención de presentar as mellores galas no día da nova inauguración.

As alumnas e alumnos de 1º e 4º de EP - B representaron sendas pezas teatrais para as distintas aulas do colexio e puxeron o colofón a un día de celebración que quixo convidar e amosar a nosa biblioteca a todas as persoas que forman parte do Nº1, nun ano escolar que promete intenso, innovador e ilusionante.


"Os libros fannos pensar e o pensamento fainos libres"

Ningún comentario:

Publicar un comentario